Cartel. DAG.
Os deseñadores galegos se sumaron aos actos de celebración do 50 aniversario do Día das Letras Galegas e festexaron con 50 carteis os 50 anos da efeméride. Nesta iniciativa do ano 2012 colaboraron a Asociación Galega de Deseñadores (DAG), a Real Academia Galega (RAG), a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), e como non, os 50 deseñadores que traballaron nun cartel no que cada deseñador tratou de plasmar a súa particular visión ou reinterpretación de cada un dos escritores homenaxeados nestes 50 anos de vida do Día. Este é o cartel deseñado por Rafa Cáccamo sobre a figura de Xoán Manuel Pintos Villar, o gaiteiro do Burgo e precursor do Rexurdimento.